O Parlamento, co apoio de PP e BNG, chama o Goberno a “corrixir” o estatuto das electrointensivas

A proposición non de lei demanda, entre outras medidas, completar as compensacións por CO2 ata o máximo permitido pola UE e convocar poxas de interrompibilidade

A deputada popular Elena Candia, durante unha intervención na Cámara galega. AXM

O Parlamento galego instou á Xunta de Galicia este mércores a que se dirixa ao Goberno central co fin de corrixir o recentemente aprobado estatuto para as empresas electrointensivas, de forma que inclúa as alegacións realizadas polo sector e o Executivo autonómico de cara a gañar competitividade fronte a países como Francia e Alemaña.

Este acordo saíu adiante tras unha proposta do PPdeG transaccionada co Bloque. O PSdeG abstívose. Entre outras cuestións, esta proposición non de lei demanda completar as compensacións por CO2 ata o máximo permitido pola UE, eliminar o imposto de xeración ao 7%, analizar a posibilidade de modificar peaxes eléctricas para abaratar prezos, así como convocar poxas de interrumpibilidade mentres non se implementan os mecanismos que substitúen este sistema. Le a información completa no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here